Co gallo dunha nova edición do Día da Galiza Mártir, a Fundación Alexandre Bóveda (FAB) estrea unha nova páxina web.
Con este espazo agardamos dar un servizo máis próximo e efectivo ás nosas socias e socios, así como a todas e todos as persoas que seguen as nosas actividades e á figura de Alexandre Bóveda Iglesias (1903-1936).
Gradualmente iremos enriquecendo este espazo, dando conta das nosas iniciativas e aquelas das que participamos xunto a outras entidades.
Benvida, benvido!!