Día da Galiza Mártir

Día da Galiza Mártir (2017)

Un ano máis, desde a Fundación Alexandre Bóveda (FAB) organizamos unha serie de actos o 17 de agosto, no marco do Día da Galiza Mártir. O conxunto do programa desenvolverase, como vén sendo habitual, entre o Concello de Poio e o Concello de Pontevedra.

Ofrenda floral na Caeira (Poio) por parte da familia e da Fundación Alexandre Bóveda

Programa completo:

13hrs Homenaxe na Caeira (Poio) a Alexandre Bóveda e a todas/os os represalidas/os polo franquismo.

14.30hrs Xantar e entrega do Premio Día da Galiza Mártir ao historiador Xosé Estévez Rodríguez, profesor da Universidade de Deusto, no Parque da Memoria (Poio).

18hrs Misa en lembranza a Alexandre Bóveda no cemiterio de San Amaro (Pontevedra).

18.30hrs Homenaxe a Alexandre Bóveda no cemiterio de San Amaro (Pontevedra).

Intervención da man do historiador Xosé Estévez Rodríguez, profesor da Universidade de Deusto.

20hrs. Homenaxe a Alexandre Bóveda na Praza Curros Enríquez (Pontevedra).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*